A Deputación de Ourense xunto cos balnearios da provincia
e os concellos con infraestruturas balnearias presentaron hoxe no Pazo
Provincial o Programa de termalismo social “Ourense, a provincia
termal”. O acto formalizado na sinatura dun convenio de colaboración entre a
Deputación de Ourense e os balnearios da provincia contou coa presenza do
presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o os representantes dos
balnearios: Eduardo Laherran de la Sota, en representación do Balneario de
Molgas, S.L; José María de la Figuera Vargas, en representación de COVAQUI,
S.L, e Rafael Luaña de la Viña, en representación de Caldaria Termal,
acompañados polos alcaldes de Lobios, Arnoia, O Carballiño, Cenlle e Baños de
Molgas.
Segundo destacou Manuel Baltar este
convenio “reforza a aposta do goberno provincial polo termalismo, un dos eixos
estratéxicos para o desenvolvemento da nosa provincia, destinándose para esta
actuación un total de 70.000 euros”. Baltar subliñou que este convenio “é unha
boa mostra da cooperación entre a administración pública e o sector privado,
para un sector como o termalismo que ten que ser un pulo para o desenvolvemento
social, económico e cultural da nosa provincia”.