Paixón á mesa ao modo de Compostela

Máis de trinta locais participan en Santiago Pasión 2014 unha actividade programada por Hostelerría de Compostela que se vai celebrar entre o 11 e o 21 de abril, co obxectivo d ofrecer un valor engadido e propiciar novas experiencias gastronómicas a veciños, turistas e visitantes

Este innovador programa gastronómico, que vai permitir saber como se cociña a Semana Santa de Compostela dende dentro e conta coa colaboración das Confrarías de Semana Santa e Turismo de Santiago


Os menús temáticos coresmais teñen un prezo de 18 euros. Os cócteis para adultos 4 euros e para os nenos 3,5  Os consumidores dos menús especiais de Semana Santa deseñados polos restaurantes participantes no Santiago Pasión de 2014 poderán entrar no sorteo de máis de 40 experiencias únicas, que procuran ofrecer un valor engadido á Semana Santa en Compostela.