Sorteo das xornadas gastronómicas Santiago Paixón

Este martes, 29 de abril, ás 11.30 horas, o Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela (Salvadas, 29) vai acoller o sorteo final das xornadas gastronómicas de Semana Santa, o Santiago Paixón 2014.

Despois de que 6 persoas das que desgustaron algún dos 26 menús temáticos que ofrecían os restaurantes participantes, nesta edición do Santiago Paixón, puideran desfrutar da experiencia única de vivir unha procesión de Semana Santa dende dentro dunha confraría, este martes, 29 de abril, ás 11:30 imos sortear, entre os participantes nestas xornadas gastronómicas, 25 experiencias gastronómicas, con diversos lotes de produto e 14 experiencias culturais, con visitas á Catedral e á Cidade da Cultura de Galicia.


No sorteo estarán presentes a concelleira de Turismo, Reyes Leis, membros das confrarías e dos locais participantes, o presidente de Restauración, Jesús Sordo e Germán González, da directiva de Restauración, que faerán un balance das xornadas gastronómicas e avanzarán algunhas novidades sobre o Santiago Pasión 2015.