Balneario de Laias |
Cincuenta representantes e técnicos de servizos sociais de
concellos de Galicia asistiron no balneario de Laias (Cenlle) á xornada de
presentación do Programa de “termalismo Saudable”, incluído en “Ourense,
provincia termal”, que ten como como obxectivo dar a coñecer aos concellos
galegos o termalismo e o seu potencial como recurso de ocio e saúde.
Neste segundo ano do programa “termalismo saudable”, a
Deputación de Ourense decidiu ampliar o programa para permitir a participación
de persoas de toda Galicia e de todas as idades que poidan disfrutar dos
recursos termais da provincia de Ourense tanto en períodos semanais como
durante a fin de semana.
Así, a maiores do Programa de estancias de 6 días/5 noites
para maiores de 50 anos (iniciado o pasado ano), engádese o Programa de Fins de
Semana en balnearios para todas as idades e para familiar, cuxo obxectivo é o
de contribuír ó desenvolvemento da cultura termal a través do coñecemento dos
balnearios da provincia. Todos os programas están abertos á participación de
cidadáns de toda Galicia, con independencia do concello no que residan.