
Segundo sinalou a conselleira,
estes datos (os últimos dispoñibles e relativos ao ano 2012) “son a
demostración palpable do compromiso dos produtores, dos colleiteiros e dos
adegueiros coa mellora constante na elaboración, comercialización e promoción
destes caldos”.
Rosa Quintana explicou que o que
buscan estas rutas dos viños é que “os consumidores actuais e potenciais poidan
visitar e coñecer de primeira man as adegas, as uvas, a súa elaboración e como
se segue o proceso ata chegar ás nosas mesas”. Neste sentido, sinalou que esta
iniciativa potenciará a internacionalización dos nosos caldos e axudará a dar
unha maior publicidade á nosa terra e aos nosos viños, facendo que a cifra de
exportacións medre aínda máis que o 30% que medrou nos últimos anos.