As persoas que se acheguen a gozar da fin de semana
enoturística na Ruta do Viño do Ribeiro
poderán conseguir premios seguros e participar en sorteos, a través do
“Pasaporte Inteviños”. Cada vez que
participen nunha actividade das propostas para a III Xornada de Portas Abertas
conseguirán un selo que colocarán no pasaporte, unha vez que estea cuberto será
entregado nos lugares designados pola organización e recibirán premio seguro o
cinco primeiros pasaportes completos. O resto poderá entrar no sorteo dunha fin
de semana na Ruta do Viño do Ribeiro.