Representantes
de 19 operadores turísticos nacionais e portugueses terán a oportunidade de
coñecer esta fin de semana a oferta turística de Santiago de Compostela e
participar nunha xuntanza de traballo cos axentes turísticos, hostaleiros e da
restauración compostelá para ter información de primeira man sobre os servizos
que prestan, grazas a unha viaxe de familiarización turística organizada por
Turismo de Galicia.
Nesta viaxe,
coa que colabora a Asociación de Empresarios de Hostalaría de Santiago de
Compostela e Comarca, os operadores turísticos convidados visitarán os
principais recursos turísticos da cidade, así como establecementos hostaleiros
e de restauración.
Logo da
xuntanza de traballo, que terá lugar ás 9.30 horas do sábado no Hostal dos Reis
Católicos, os visitantes achegaranse ata a catedral para ver en funcionamento o
Botafumeiro e subir ás cubertas da basílica.