Xornadas de Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia

O Hostal dos Reis Católicos acolle por primeira vez a presentación das actividades das III Xornadas de Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia que este ano se celebran nas fins de semana do 31 de maio e 1 de xuño (Rías Baixas e Ribeiro) e 6 de xuño e 7 de xuño (Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras).

A presentación en Compostela, que dará comezo ás 20:00h, contará coa presenza de responsables de Turismo de Galicia e das distintas Denominacións de Orixe, que detallarán os contidos das Xornadas deste ano e que xa se poden consultar neste enlace.


No evento deste luns 26 ofrecerase unha degustación dos viños das diferentes Denominacións e culminará coa actuación de aCadaCanto, conxunto de referencia da música galega actual e integrado por grandes nomes do folk da nosa Comunidade.