
Os representantes académicos, que hoxe celebran en Ourense o
I Encontro interrrexional UTAD-IPP-Uvigo, trasladáronlle ao presidente do
goberno provincial o seu interese por facer do termalismo “un eixe estratéxico
de actuación para as tres institucións universitarias”, e para elo crearán un
grupo específico de traballo, ante o cal, Manuel Baltar ofreceu toda a
colaboración neste ámbito agradecendo o interese polo eido termal, e
explicoulles o Plan Termal Ourensán que na actualidade está a desenvolver a
Deputación de Ourense coa Xunta de Galicia.