Representantes da Dirección Xeral de Conservación
da Natureza recibiron a un grupo de acción costeira do País Vasco e de Francia para
informarlles das distintas fases e trámites que a Xunta de Galicia está a
realizar para que o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de
Galicia acade a Carta Europea de Turismo Sustentable. Esta distinción ten como
obxectivo promover a actividade turística no Parque dun xeito que garanta a
protección dos valores naturais, culturais e sociais, e que contribúa ao
desenvolvemento económico e ao benestar das persoas.