Seis xornalistas turcos poderán coñecer parte de Galicia e
da súa oferta turística ata o día 26 de xuño nunha viaxe de familiarización co
destino organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de
Turismo de España en Roma.
Os xornalistas, tres columnistas, dous xefes de redacción e
un editor de suplemento de prensa escrita, chegaron o luns e desprazáronse ata
a cidade da Coruña, onde realizaron unha visita aos lugares máis
característicos da oferta turística da cidade herculina.
Pola noite, os visitantes turcos achegaronse ata as praias
do Orzán e Riazor para participar na Festa das fogueiras de San Xoán. Hoxe toca
Santiago, mañán Baiona, Illas Cies e Vigo, e na xornada vespertina Pontevedra e A Lanzada. O día 26 partirán rumbo a Arteixo para visitar as instalacións de Inditex.