A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro realizou
unha presentación na cidade xermana de Hamburgo dirixida a operadores
turísticos e prensa especializada sobre a oferta turística de Galicia. A
presentación realizouse a bordo do buque escola da Armada Española Juan
Sebastián Elcano, que está a realizar un cruceiro de instrución que recalará no
porto galego de Marín.
Nava Castro abordou
na súa intervención as singularidades da oferta turística galega incidindo no
feito de que Galicia é a meta do Camiño de Santiago, na enogastronomía, na
oferta vinculada ao turismo de saúde e máis nos recursos paisaxísticos e
naturais da comunidade.
O mercado alemán
acada unha gran importancia para a promoción turística da comunidade dado que o
ano pasado un total de 97.042 viaxeiros alemáns aloxáronse nos establecementos
hoteleiros de Galicia, o que supón un 4,7% máis que os recibidos o ano
anterior. As pernoitas rexistradas por este mercado en 2013 tamén superaron nun
4,4% as do ano anterior, alcanzando asa 148.993.
Alemaña é, despois
de Portugal, o segundo mercado internacional máis importante para a comunidade
galega e supón o 12% do total de viaxeiros estranxeiros e o 10,5% das pernoitas
internacionais rexistrados nos establecementos hoteleiros da comunidade.