A
directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e máis o presidente da
Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán interviñeron na presentación da
nova plataforma tecnolóxica de Turismo Rías Baixas orientada a un novo perfil
do turista. A plataforma enmarcada no proxecto Smart Destinos ‘Pontevedra,
Destino Intelixente’ conforma unha experiencia piloto en España. A nova
plataforma modernizará as infraestruturas das TIC para a xestión do turismo
provincial e conta cunha aplicación específica e en varios idiomas. Ademais
contará cun sistema de xestión de máis de 5.000 recursos turísticos.
A
plataforma foi presentada a 350 empresarios do sector e xunto cos cursos
de formación, a creación de itinerarios ou a instalación de oficinas turísticas
sustentables forman parte do proxecto Smart Destinos e pretende dar servizo aos clientes das empresas adicadas ao turismo e ao lecer no eido provincial que
conta co destino Rías Baixas cunha media de 2 millóns de visitantes anuais.
A
directora de Turismo destacou que as Rías Baixas conforman “un reclamo
indiscutible da nosa comunidade”, e explicou que nas últimas cifras feitas
públicas polo Instituto Nacional de Estadística apréciase unha suba na cifra de
viaxeiros do 10% no mes de maio, a respecto dos rexistrados en maio de 2013;
así como un incremento nas pernoitas rexistradas do 12,6% no mesmo mes. Ao
tempo, a estadía media aumentou en maio un 2,4% e a ocupación 3 puntos
porcentuais .
Ademais,
segundo dixo, a capacidade de
internacionalización do destino Rías Baixas ponse de manifesto a través do
incremento da cifra de viaxeiros estranxeiros que recibiu a comunidade en maio.
Así, un total de 18.751 viaxeiros estranxeiros realizaron 36.204 pernoitas nas
Rías Baixas de Galicia. Isto supón un aumento do 15,2 na cifra de viaxieros
internacionais e un aumento do 24,4% na cifra de pernoitas deste segmento, a
respecto das rexistradas no mesmo mes do ano pasado.
Nos
cinco primeiros meses do ano, o total dos viaxeiros subiu nas Rías Baixas un
3,8% a respecto do período xaneiro-maio de 2013 e as pernoitas medraron un
2,3%.