As obras de prolongación do paseo marítimo de Arcade, dende
o Peirao ata a Ponte Medieval de
Pontesampaio rematarán o vindeiro venres. Os traballos supuxeron unha inversión
de 126.675 euros.
O tramo mellorado parte da praia denominada finca de Cagazó,
e esténdese ata o peirao de pedra existente ao pé da ponte medieval en
Pontesampaio. Dende aí parten unhas escaleiras tamén de pedra que soben á
estrada que pasa pola ponte.
As obras consistiron na construción dunha pasarela aérea
colocada sobre pilotes metálicos hincados e taboleiros, dende as proximidades
da ponte medieval ata o paseo marítimo existente. A pasarela se realizará con
tramos de 12 metros de lonxitude e 2,45 metros de ancho exterior e suporá a
conexión definitiva entre a área de esparcimento existente na explanada do
peirao e a ponte medieval que cruza o río Verdugo.