Ir al contenido principal
Convenio para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Valedor do
Pobo, Julio José Fernández, asinaron o convenio de colaboración que as tres institucións
subscriben para a consecución do recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio
da Humanidade. O convenio ten como obxectivo colaborar para desenvolver as
actuacións necesarias que permitan presentar ante o Centro do Patrimonio
Mundial da UNESCO a proposta de inscrición da Ribeira Sacra (Lugo e Ourense)
para a súa declaración como Patrimonio Mundial. Ambas deputacións achegan 100.000 euros ó estudo técnico que permitirá a elaboración da candidatura.
Trala sinatura do convenio, Manuel Baltar afirmou que toda
Galicia “será Patrimonio da Humanidade cando recibamos este recoñecemento,
porque se rende homenaxe aos que habitaron estas terras en perfecta sintonía
coa riqueza paisaxística e monumental e se protexe un legado cultural que será
motivo de orgullo para as vindeiras xeracións”. O presidente ourensán considera
que o convenio que hoxe asinamos “reforza o compromiso de dúas provincias cun
reto común” e que a comisión de seguimento do acordo asinado en Rocas, orixe
desta andaina, “está a desenvolver os seus traballos de xeito modélico”.