Hoxe foi presentada a Guía Turística da Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago coincidindo coa inauguración do primeiro tramo da Ecovía fluvial do Támega.A guía enmárcase no
proxecto Eurorrexión Termal e da Auga, no que participan Turismo de Galicia; a
Eurocidade Chaves-Verín AECT; a Deputación de Ourense; Turismo Porto e Norte de
Portugal e a Asociación Termas de Portugal.
Editaranse 10.000 exemplares -4.000 en castelán, 4.000 en inglés
e 2.000 en portugués- e estarán dispoñibles para o público nas Oficinas de
Turismo de Xunta de Galicia, nas oficinas turísticas de Verín e Chaves, así
como nas oficinas de información turística que Turismo Porto e Norte ten nas
principais cidades do norte de Portugal.