Nava Castro con Argimiro Marnotes |
Turismo de Galicia asinou co Concello do Carballiño un acordo de colaboración para a
celebración da edición número 52 da Festa do Pulpo prevista, como cada ano,
para o segundo domingo de agosto. Segundo explicou a directora de Turismo de
Galicia, Nava Castro, cincuenta e dous anos de historia avalan a gran tradición
esta festa, unha das celebracións gastronómicas máis senlleiras da comunidade
que actúa “como foco de atracción turística cara a unha terra que ten moito que
ofrecer aos visitantes e que, a través da gastronomía, un dos nosos reclamos
fundamentais como destino, se proxecta ao mundo”.
Segundo dixo, Turismo de Galicia apoia a celebración desta
festa tradicional que ten convertido ao Carballiño no epicentro da degustación
deste cefalópodo, acompañado con algúns dos produtos máis distintivos do
destino Ribeiro.
As festas
gastronómicas conforman a mellor mostra dalgunhas das máis relevantes
exquisiteces culinarias do territorio galego, acompañadas pola tradición
popular, pola música tradicional e por un dos nosos máis potentes activos como
destino: a hospitalidade.
Galicia conta con máis de 300 festas enogastronómicas, que
impulsan o sector turístico e promocionan a calidade culinaria do destino. Un
total de 44 destas festas contan coa declaración de Festas de Interese
Turístico de Galicia e outras 4 son de Interese Turístico Nacional, entre elas
a Festa do Pulpo do Carballiño.