O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño,
INTECMAR, constata unha melloría na presenza de biotoxinas mariñas nos
polígonos de mexillón e nas zonas de moluscos. Os resultados das analíticas
realizadas por este centro dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar
avalaron onte a apertura de 6 polígonos de mexillón na ría de Arousa e das
zonas II de moluscos infaunais da ría de Arousa e da ría de Vigo. Deste xeito,
a día de hoxe, en comparación coa semana central de agosto, estase detectando
un descenso na concentración das células de fitoplancto tóxico, o que apunta a
unha fase descendente do episodio.