CSHG sen fronteiras

Mozas e mozos que desde a primeira semana de agosto participan no programa académico `Brasilia sem fronteiras remataron esta tarde as actividades cunha visita ás instalacións do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Na súa estadía, estiveron acompañados pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada pola directora de Formación de Turismo de Galicia, Patricia Cuevas, quenes explicaron aos visitantes o funcionamento do centro ao tempo que percorrían as instalacións do mesmo.


Na visita, Nava Castro fixo un repaso polo catálogo de estudos que ofrece o CSHG, tanto no ámbito da xestión hostaleira como no relativo á formación en cociña. Nava Castro mostroulles tamén aos estudantes brasileiros parte do aulario e os talleres formativos cos que conta este centro docente.