Club de Gol La Toja |
“Unha das mellores ferramentas para posicionar Galicia como destino ideal
para xogadores de golf senior”. Así cualificou a directora de Turismo de
Galicia, Nava Castro, a celebración do IV Circuíto de Golf Sénior Turismo de
Galicia, presentado en Santiago.
Este torneo, no que poderán participar homes de máis de 55 anos e
mulleres de máis de 50, celébrase por cuarto ano consecutivo e contará cunha fase
clasificatoria que se desenvolverá en seis campos de golf doutras tantas
comunidades autónomas españolas. O circuíto comezará o vindeiro día 2 de
setembro no campo asturiano de La Barganiza e a fase final terá lugar no campo
de golf Oca Augas Santas Balneario & Golf, en Ferreira de Pantón os días 7
e 8 de outubro.