Turismo de Galicia fixo balance dos resultados da actuación
inspectora e sancionadora en materia turística realizadas no primeiro semestre
do ano por parte da Xunta. En total foron realizadas neste perido 3.851, nas
que prevaleceu a función asesora e preventiva fronte á estritamente
disciplinaria., segundo informan dende a Xunta.
Estas actuacións son o resultado das comprobacións derivadas
das actuacións de oficio levadas a cabo polo persoal inspector, así como polas
novas aperturas de establecementos turísticos, modificacións substanciais dos
mesmos e as 260 denuncias presentadas polas persoas usuarias turísticas.
No primeiro semestre do ano executouse o 64,56% do Plan
anual de inspección turística con actuacións en 1.439 empresas e
establecementos diferentes. O maior número de visitas realizouse aos
establecementos de restauración, concretamente os inspectores acudiron a 779
restaurantes, bares e cafetarías o que reflicte que se está no 73% dos
obxectivos plantexados no Plan anual de inspección.
Xunto cos establecementos de restauración e aloxamento, o
servizo de inspección realiza visitas as axencias de viaxes, en concreto
acudiron a 105 axencias diferentes, o que corresponde ao 79,55% do total das
axencias estipuladas no Plan a visitar.