A
directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo hoxe como exemplo de
desenvolvemento turístico sostible a proba de surf Pantín Classic Galicia Pro,
cuxa 27 edición presentou esta mañá na Praia de Pantín, xunto ao presidente da
Deputación da Coruña, Diego Calvo, o secretario xeral para o Deporte, José
Ramón Lete, e outras autoridades locais da comarca de Ferrolterra.
Na
presentación participaron, ademais dos representantes institucionais, os
gañadores da pasada edición, Nikki Van Djik e Steven Pierson, e os mellores
surfistas galegos, o vigués Gony Zubizarreta e a ferrolá Yolanda Rodríguez.
Para
a directora de Turismo de Galicia o Pantín Classic Galicia Pro “constitúe un
potente elemento dinamizador turístico que dá a coñecer a nivel internacional
as bondades de Ferrolterra, unha comarca que cada ano atrae a máis visitantes”,
como demostran as últimas cifras de ocupación hoteleira.
Así,
Nava Castro lembrou que no pasado mes de xullo, foron más de 14.000 os
viaxeiros que se aloxaron nos establecementos hoteleiros de Ferrolterra, o que
supuxo un incremento do 15,5% con respecto ao mesmo mes do ano 2013.