Cun
91% de ocupación esta fin de semana, os trens turísticos de Galicia estanse a
consolidar como un dos produtos turísticos máis demandados este verán desde que
a mediados do pasado mes de xuño comezase a funcionar este servizo turístico
que contempla 7 itinerarios distintos relacionados coas rutas dos faros, os
pazos e xardíns históricos e as cinco denominacións de orixe protexida dos
viños de Galicia.
Mañá
circularán os trens dos faros, os pazos e xardíns históricos e o da Ruta dos
viños Valdeorras-Ribeira Sacra; e o domingo, o dos faros e o da Ruta dos viños
O Ribeiro-Rías Baixas. Destes cinco trens, catro presentan unha ocupación do
100% e outro está ocupado en preto dun 70%, á espera de pechar este sábado a
venda de billetes.
Os
trens turísticos de Galicia xa rexistraron máis de 1.000 viaxeiros hai 15 días,
sendo a viaxeira número 1.000 unha ocupante do tren da Ruta dos viños
Valdeorras-Ribeira Sacra.
Mañá
circulará o Tren da Ruta dos faros entre Ribadeo e Ferrol, con visitas a Cabo
Ortegal, Santo André de Teixido, Estaca de Bares, Illa Pancha e a Praia das Catedrais.
Ademais,
este sábado, o Tren dos pazos e os xardíns históricos, partirá de Santiago de
Compostela ata Vigo, con visitas aos pazos de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa,
e Quiñones de León, en Vigo; así como ao Castelo de Soutomaior; mentres que o
domingo circulará o Tren da Ruta dos faros entre Ribadeo e Ferrol
O
sábado, o Tren da Ruta dos viños Valdeorras-Ribeira Sacra partirá ás 9.40 horas
da estación de Ourense e os viaxeiros chegarán a esta mesma estación ás 20.58
horas, logo de pasar a xornada nas denominacións de orixe protexidas da Ribeira
Sacra e Valdeorras.
Logo
da partida, o tren dirixirase cara a Santo Estevo de Ribas de Sil, onde os
viaxeiros poderán facer unha travesía en catamarán desde o embarcadeiro de
Santo Estevo polo encoro do mesmo nome. Máis
tarde, desde Santo Estevo viaxarán en tren ata a estación da Rúa-Petín, na
comarca de Valdeorras