Con 1.165.294
usuarios no que vai de ano, fronte aos 789.092 do mesmo período do ano
anterior, o portal de información e promoción turística da Xunta de Galicia
incrementou o número de persoas que visitan esta web nun 47,68%. Polo que
respecta ao número de sesións (visitas), a web de Turismo de Galicia subiu un
43,01% neste mesmo período.
Este
servizo de información e promoción turística da Xunta de Galicia rexistrou
tamén unha suba importante no número de páxinas vistas polos usuarios, que
entre o 1 de xaneiro e o 21 de agosto de 2014 se situou no 21,43%, o que supuxo
5.092.670 páxinas vistas fronte aos 4.194.055 do ano anterior.
Polo que
respecta aos países que máis visitan o portal turístico de Galicia, logo de
España, sitúase Francia, os Estados Unidos de Norteamérica, Portugal, o Reino
Unido, Alemaña, Arxentina, Suíza, Italia e México.
Nesta
comparativa entre o que vai do ano 2014 e o mesmo período de 2013, o desglose
por tipo de dispositivo de acceso indica un incremento das consultas a través
de teléfono móbil. Aínda así, o ordenador persoal segue a ser o dispositivo
máis empregado para acceder á web de Turismo de Galicia, cun 62,50% en 2014,
fronte ao 75,83% de 2013.
Por outra
parte, o teléfono móbil foi empregado no 27,09% dos accesos en 2014, fronte ao
16,45% de 2013; mentres que o acceso dende tablet supuxo en 2014 o 10,41% dos
accesos fronte ao 7,72% do ano pasado.