Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia,
dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, requisaron máis de 1.100
aparellos de pesca e comisaron máis de 340 quilos de peixe e marisco en
diferentes operativos realizados polo litoral galego durante a semana pasada.
Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 500 metros de artes de enmalle.
Os operativos máis
destacados tiveron lugar na ría de Arousa, onde os axentes incautaron máis de
670 aparellos e preto de 172 quilos de distintas especies de peixe e marisco.