A titular de Medio Rural e Mar visitou hoxe a
empresa Frigomar Burela S.A., situada en San Cibrao e que se dedica á
transformación e conxelado de peixes para a súa exportación. Esta industria
beneficiouse precisamente dunha axuda de preto de 407.000 euros na convocatoria
de 2009 destas axudas á comercialización, que destinou á ampliación da empresa
para instalar unha liña de conxelado.
Frigomar Burela S.A. iniciou a súa actividade
no ano 2005 e conta cun cadro de persoal de 18 traballadores, que se incrementa
ata o medio cento en tempada alta. No ano 2013 a súa produción foi de 8,5
millóns de quilos e facturou máis de 10 millóns de euros. Da súa produción, máis
do 80 % destínase á exportación a África e 10 países europeos.