Case 20 millóns para os bateeiros

O sector bateeiro galego foi o principal beneficiario das axudas á acuicultura con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (FEP) no período 2009-2013 xestionadas pola Xunta. Así, dos 25,8 millóns de euros de axudas totais concedidas para o investimento produtivo na acuicultura, un total de 18,7 millóns tiveron como beneficiarios finais a titulares de establecementos dedicados ao cultivo de mexillón. Isto supón o 72,5 % do total das axudas neses catro anos.


Así o afirmou o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, en resposta a unha pregunta sobre esta cuestión na Comisión 8ª do Parlamento. Ademais, explicou que se os cálculos se fan en función do número de expedientes aprobados, nos catro anos considerados o 92,5 % dos expedientes correspondían a este sector.