De Tapas por Galicia tamén en Barcelona

Unha vintena de persoas asistiron en Barcelona á presentación da campaña ‘De Tapas por Galicia’, que entre os meses de setembro e decembro se converterá nun dos principais atractivos para visitar este outono as sete cidades máis importantes de Galicia e degustar a súa mellor gastronomía. A campaña xa habçia sido presentada en Madrid.

A iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos departamentos de turismo dos concellos das cidades participantes, concentra baixo a mesma denominación os concursos gastronómicos que se desenvolverán ao longo deste outono nas sete grandes cidades galegas: Concurso de tapas Picadillo, da Coruña; ‘Tapéate Ferrol’; o Concurso de tapas de Lugo, o ‘Concurso de pinchos de outono sabores de Ourense’; ‘Pontedetapas’, de Pontevedra; ‘Santiago é tapas’; e o ‘Concurso de tapas de Vigo Vello’.


Na presentación na cidade condal, a segunda da campaña despois de que onte se presentara en Madrid,  participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, os concelleiros da área de turismo de Ferrol, Pontevedra e Santiago e os cociñeiros Daniel López Vázquez, Iñaki Bretal e Lucía Freitas.