Mañá, martes 30 de
setembro, ás 10 da mañá, o Foro de Directores de Hotel de Santiago mantén unha
xuntanza no hotel
Tryp Santiago para avanzar na redacción dun documento con propostas concretas que
poidan contribuir a reorientar a política turística do Concello, considerando
as fortezas e debilidades de Santiago de Compostela como destino turístico e o
seu enorme potencial internacionalizador.