A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e a
entidade Portos de Galicia, promoverá o turismo náutico da comunidade galega na
feira especializada Grand Pavois, que se celebrará na cidade francesa de La
Rochelle entre os días 17 e 22 de setembro. Esta é a segunda edición
consecutiva na que a Xunta de Galicia participa nesta feira, co obxectivo de
atraer navegantes do norte de Francia cara ao litoral galego.
Deste xeito, Turismo de Galicia instalará un stand de 48
metros cadrados no recinto feiral de La Rochelle, dende o que difundirá e dará
a coñecer as instalación e servizos náuticos de Galicia, así como os recursos e
os produtos turísticos relacionados co turismo náutico.
A feira Grand Pavois, celebrada por primeira vez no ano
1973, está catalogada como unha das máis importantes de Europa no seu ámbito. Conta
con 100.000 metros cadrados de exposición e 860 expositores que representan a
35 países de todo o mundo.