Guía on line de restaurantes galegos con soles repsol

Ansón al acecho, junto a Nava
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciou esta mañá que se está a elaborar a primeira guía online de restaurantes Soles Repsol de Galicia 2014 co fin de potenciar a excelencia da gastronomía galega. Esta publicación online estará dispoñible a finais deste mes e descargarase gratuitamente dende a páxina web de Turismo de Galicia.


Na presentación que contou coa presenza do presidente da Real Academia de Gastronomía, Rafael Ansón, a directora destacou a gastronomía como unha das fortalezas e vantaxes competitivas da nosa Comunidade fronte a outros destinos.