En agosto
rexistrouse un incremento no volume de viaxeiros aloxados nos establecementos
hoteleiros do 8,4% ata situarse nos 626.265 viaxeiros. A cifra de pernoitas
subiu un 3,7% e alcanzou o 1.334.309. Este incremento dos volumes de demanda
sitúa o nivel de viaxeiros aloxados de agosto deste ano en máximo histórico na
nosa Comunidade, nunca antes se superara da cifra de 600.000 viaxeiros en
agosto. A nivel
estatal a cifra de viaxeiros nos establecementos hoteleiros subiu un 5% e a de pernoitas
nun 2,7%, situando Galicia nunha posición intermedia.
O bo
comportamento da demanda prodúcese como consecuencia do crecemento rexistrado
polo turismo receptor. O turismo receptor nacional sobe un 3,5% acadando preto
de 850.000 pernoitas -a cifra máis elevada dos últimos catro anos- e o turismo
internacional increméntase nun 11,5%.
Continúa,
polo tanto, a tendencia positiva observada nestes últimos anos que leva a
situar os niveis do turismo internacional en Galicia en máximos históricos
tanto de volume –con preto de 150.000 viaxeiros e 250.000 pernoitas- como de
peso no conxunto da demanda –representa neste oitavo mes do ano o 24% dos
viaxeiros e o 18,4% das pernoitas hoteleiras-.
O incremento
da demanda produciuse nun contexto no que creceu nun 1,2% a oferta. En termos
globais isto supón unha mellora do nivel de ocupación dos hoteis e pensións de
Galicia que supera en 1,3 puntos porcentuais o dato do pasado ano.