Turismop de Galicia participará entre os días 26 e 28 de setembro na
feira JATA Travel Showcase 2014, que se
celebrará na capital do Xapón e na que a comunidade galega contará cun módulo
dentro do stand de Turespaña, coordinado pola Oficina de Turismo de España neste
país asiático.
Ademais, entre nontronte e o día 28 de setembro, Turismo de Galicia
participa na feira da Asociación Brasileira de Axencias de Viaxes (ABAV) que se
celebra en Río de Xaneiro e na que a entidade de promoción turística da Xunta
de Galicia tamén conta cun espazo dentro do stand de Turespaña.
Polo que respecta á feira JATA Travel
Showcase 2014, segundo a experiencia de anos anteriores, reafirma a
necesidade de continuar reforzando a presenza galega en Xapón, debido ao
interese que esperta a Comunidade galega neste país, sobre todo no relacionado
co Camiño de Santiago, o turismo cultural, a gastronomía e a natureza.