O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de
Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, recibiron esta mañá aos recoñecidos
boxeadores Alfredo Evangelista e Javier Castillejo que participan esta tarde
nunha velada benéfica de boxeo.
López Orozco agradeceulles a visita a Lugo e lembrou que
“o deporte de boxeo estivo unha tempada en horas baixas pero grazas ao traballo
de afeccionados como á colaboración e implicación do Concello de Lugo está
volvendo a crear unha canteira de campións”.
Neste sentido, estivo falando cos dous boxeadores que
agora se dedican ao entrenamento de novos púxiles, sobre os acontecementos máis
importantes das súas carreiras e da súa traxectoria. Así, Alfredo Evangelista
foi un dos poucos boxeadores que sobreviviu a 15 asaltos co mítico Muhammad Ali
ou Cassius Clay. Pola súa parte, Javier Castillejo, foi un dos mellores
boxeadores españois a nivel mundial xa que se fixo co Campionato do Mundo en
dez ocasións e en diferentes categorias.