Xornalistas irlandeses percorren o Camiño do Norte

Un grupo de catro xornalistas irlandeses realizan este días unha viaxe por Galicia na que poderán coñecer o Camiño do Norte entre Ribadeo e Santiago de Compostela. Esta viaxe está organizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Dublín, e estenderase ata o día 22 de setembro.

Os xornalistas irlandeses que percorrerán estes días o Camiño Norte son Eva Hogan, do xornal The Irish Daily Star, Brendan Harding, do xornal Carlow Nationalist, Jim Gallagher, do xornal Sunday World, e  Ciaran Tierney, do xornal Connacht Tribune.


Ao longo dos catro días de estadía en Galicia, os xornalistas irlandeses poderán coñecer os puntos máis importantes da Ruta Xacobea do Norte así como outros lugares de interese turístico da Comunidade galega como a praia das Catedrais.