Museo Massó: Antigua prensa |
A industria da salgazón foi
desenvolvida en Galicia polos fomentadores (comerciantes) cataláns que chegaron ata estas
terras mediado o século XVIII atraídos pola abundancia de sardiña nas costas galegas.
Introduciron a xábega, rede de arrastre de orixen árabe, implantaron a técnica
mediterránea de salgadura e anos máis tarde impulsaron o desenvolvemento da
industria conservería, para a que resultaría clave a Primeira Guerra Mundial.
Co seu asentamento definitivo en
Galicia, os fomentadores diseñaron as fábricas en función das novas técnicas
de salgazón. O seu método consistía en meter grandes cantidades de sardiñas
enteiras en lagares que contiñan auga de mar con sal ata acadar a saturación
desexada. Logo removíanas e deixábanas mergulladas na salgadura entre 15 e 30
días. No momento en que as sacaban da salmoira procedían a lavalas e a
colocalas en toneis para prensalas. Co prensado eliminaban a grasa e o saín que
recollían era aproveitado para o alumeado ou como impermeabilizante.
As novas fábricas de salgadura
dividíanse en varias partes funcionáis: a chanca, o claro e o morto, que era o
lugar para o prensado e a recollida da graxa. Na parte posterior da fábrica
estaba situada carpintería onde se facían os toneis de madeira para a
comercialización da sardiña.
Sería a partir de 1880 cando a
salgazón comeza a ser desbancada pola conserva e despois da Guerra Civil queda
afastada como unha actividade residual, dando paso á industria conserveira que comezou a evolucionar a partir do ano 1810 cando o cociñeiro e pasteleiro parisino Nicolás Appert difunde o seu descobremento en resposta ao premio de 12.000 francos anunciado por Napoleón para quen fose capaz de alongar a vida dos alimentos para abastecer ao exército.
Appert descobrira de xeito emírico que os alimentos, unha vez codidos, e introducidos en botellas de cristal pechadas cun corcho lacrado e sometidas a un escaldado prolongado en auga aguantaban moito máis tempo en boas condicións para ser consumidos.