A Vosa Taberna, de Borela, foi a gañadora dos premios do público e xurado profesional no III #CotobadeenTapas no que participaron 7 esteblecementos desta localidade pontevedresa. A tapa triunfadora, chamada Menú Galego, era la recreación dun menú típico de las calendas invernales, co seu chupito de caldo, o lacon con grelos e o chourizo dentro dun cahcelo e unha filloa con nata para a sobremesa.
En segundo lugar clasificouse o Bocadiño de Pulo, do Bar Casa Blanco, de As Lagoas (Rebordelo) e a tercera posición foi para a tapa presentada polo Bar A Chan (Carballedo), co seu Bocadiño de Mar.
O grupo de bloggers Galicia Gastro, que
fixeron de xurado profesional, elixiron a tapa que máis lle gustou baseándose
na creatividade, no sabor, ou na presentación entre outras cualidades.
Os premios entregados foron os da #SelfieTapa, que acadou
Arturo Casal cunha foto con máis Me Gustas no facebook de "Cotobade en
Festas" e que recibiu un Bono por valor de 20€ a gastar no establecemento
ó que pertence a tapa da foto gañadora!!! Con íste concurso preténdíase achegar
a xente máis xoven ós establecementos da zona aproveitando a importancia das
novas tecnoloxias. Tamén gracias á colaboración de Bodegas Fermenta, o gañador
recibiu como agasallo un pack de varias cervexas artesanas desta empresa que
ten situadas as súas instalacións en Mourente, Pontevedra
l