Ansón nunca cabalga solo

Los rezos de Ansón a Santa Xunta
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe en Santiago, xunto ao presidente da Real Academia de Gastronomía, Rafael Ansón, e a presidenta de Paradores, Ángeles Alarcó, a primeira edición da ‘Guía de soles Repsol en Galicia’ que recolle os 24 establecementos galegos distinguidos con este selo outorgado pola Real Academia de Gastronomía e a Confraría da boa mesa.

Nava Castro salientou a importancia dos distintivos soles Repsol, xa que son dos  “máis recoñecidos no eido gastronómico entre os españois e os estranxeiros que nos visitan”, tanto polo público xeral como polos especialistas en gastronomía, engadiu.

Para a directora de Turismo de Galicia, esta guía constitúe un elemento fundamental da promoción da gastronomía galega e considerou imprescindible para a súa difusión o aloxamento no portal turístico da comunidade galega, que nos oito primeiros meses do ano recibiu máis dun millón de visitantes únicos.

Na súa intervención, Nava Castro lembrou que a gastronomía é un dos principais atractivos turísticos de Galicia, cuxa importancia se pon de manifesto na gran calidade e variedade dos seus produtos.