Ao son de Womex e Ribeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o C.R.D.O. Ribeiro e AGADIC presentarán mañá, 17 de outubro,  ás 17.30 horas a xornada de Focus Galicia en Ourense, que está incluída na feira profesional das músicas do mundo, WOMEX. A presentación terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.


Ao acto asistirá o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, o asesor de Política Cultural da Deputación de Ourense, César Fernández e o músico que participará nunha das xornadas, Daniel “Minimalia”. O acto pecharase cunha interpretación dun tema á guitarra da man do músico e un brinde con viño do Ribeiro.