O Consello Regulador da D.O. Ribeiro acolleu aos 26 programadores
musicais que se achegaron a Galicia con motivo da celebración da Mostra Internacional
das Músicas do Mundo, WOMEX, organizada pola Xunta de Galicia e que se celebra
do ata o 26 de Outubro en Santiago de Compostela.
O grupo de programadores chegou sobre as 11.30 da mañana a
bodega Viña Mein, no val do Avia, onde foron recibidos polo xerente da mesma,
quen lles mostrou o proceso de produción dos viños desta histórica bodega.
Despois harmonizouse o viño branco Viña Mein co jazz elegante de Abe Rábade
trío.
A comitiva desprazouse posteriormente a Adega Ramón do
Casar, onde descubriuse a traxectoria e as características dos seus viños
brancos, Ramón do Casar e Ramón do Casar Treixadura. Alí os programadores
musicais degustaron una comida tradicional a base de polbo, carne ao caldeiro,
e café de pote.
O artista Daniel Minimalia, acompañado con una formación
composta por cinco músicos, ofreceu aos expedicionarios una actuación que
serviu como sobremesa da visita. Posteriormente o grupo dirixiuse a Ourense
onde ten ten previsto asistir a un concerto de Caxade e Cuarteto Caramuxo.