Bodas de Prata para catro consellos reguladores

Queixo Arzúa-Ulloa, Mel de Galicia, Pataca de Galicia e Ternera Gallega cumpren un cuarto de século como referentes de calidade e seguridade alimentaria nos seus respectivos campos. Os catro consellos reguladores reunirán en Compostela a máis de 250 representantes do sector no acto institucional que conmemora as súas vodas de prata.

Presidida polo presidente da Xunta de Galicia, a cita contará tamén coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, a conselleira do Medio Rural e do Mar, o alcalde de Santiago, entre outras autoridades, a fin de amosaren o seu apoio e agradecemento a todos os que fixeron posible que estas Denominacións de calidade acadaran a gran consideración da que gozan hoxe en día.


O acto terá lugar mañá martes, 21 de outubro, ás 19:30 horas, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos (Praza do Obradoiro, nº1, Santiago de Compostela).