Feira de Santos multitudinaria en Chaves

Desde tempos que se van perdendo na memória, a Feira dos Santos é o ex-libris festivo da cidade de Chaves (Portugal). Os "Santos" é unha festa que ten lugar sempre nos días máis próximos ao dia primeiro de Novembro. Neses días a cidade muda, as rúas énchense de xentes da rexión e visitantes doutros puntos de POrtugal e de Galicia..
A Feira dos Santos nos últimos anos medrou de xeito continuado de xeito que na actualidade é visitada por máis cen mil persoas atraidas polo cariz popular e festivo da mesma e pola súa tendencia comercial  con postos de roupa, calzado, artesanía, antiguesdades, produtos agrícolas e mesmamente polo seu caracter gastronómico -con referenza ao pastel folhado de Chaves- xunto con actividades para o lecer.