Turismo de
Galicia, foi premiado cun dos galardóns dos Top-10 de Turismo e Cultura como destino turístico gastronómico concedidos pola Asociación do Grupo de Xestión de Medios Culturais e Turísticos
(GMC). Esta
selección dos 'TOP-10 en Turismo e Cultura', realízase cada dous anos e vén a
completar, de forma independente, os Premios Oficiais da Organización Mundial
do Turismo 2014 (OMT), cuxa entrega terá lugar o 28 de xaneiro de 2015 durante
a Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur).
O proceso de
selección consistiu nunha primeira fase con 25 entidades, empresas, actividades
ou lugares, cuxa excelencia e innovación turística, relación calidade-prezo,
servizo, atención pública, comunicación, promoción, garantía, e outros valores
positivos, foron recollidos polo 'Panel cualitativo de Opinión Líder Ibercom',
por profesionais e persoal relacionado co Turismo e a Cultura como xornalistas,
asociacións, entidades relacionadas co turismo, entre outros. En total, foron
máis de 1.000 enquisados de cualificada entidade os que seleccionaron as
primeiras 25 nominacións e, delas, as 10 máis votadas serán as que reciban a
distinción de honra dentro da súa actividade e presenza pública.