Corenta e oito golfistas da categoría sénior, dos 483 que participaron
no IV Circuíto de golf Turismo de Galicia, compiten entre onte e hoxe na fase
final deste torneo que se celebrará no campo de golf de Augas Santas, en
Ferreira de Pantón, para optar a un dos oito
premios que se outorgan este ano.
Os 48 participantes nesta fase final optarán aos premios primeiro e
segundo scratch, primeiro e segundo hándicap, primeiro máster sénior e primeira
dama. Ademais
haberá premios para a mellor volta do segundo día (scratch) e mellor volta do
segundo día (hándicap). Durante a fin de semana tamén se
desenvolverá un torneo para acompañantes.
Este torneo ten lugar logo da celebración do I, II e III e circuítos de golf sénior Turismo de
Galicia, nos anos 2011, 2012 e 2013, nos que participaron preto de 1.200
golfistas de toda España.
As probas do III Circuíto de golf
sénior Turismo de Galicia veñen celebrándose dende o pasado 2 de setembro
en campos das comunidades autónomas de Asturias, A Rioxa, Castela e León, País
Vasco, Madrid e Navarra.