O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro
presentou onte á noite os seus viños en Barcelona cunha festa no Eurostars
Grand Marina Hotel na que se reuniron máis de 200 profesionais entre os que
estaban grandes e medianos distribuidores, prensa especializada, sumilleres,
responsables de compras e restauradores de prestixio, así como algúns
representantes da comunidade galega en Catalunya.
Ademais da información sobre o conxunto da D.O. máis antiga
de Galicia, os asistentes puideron coñecer de primeira man os viños de 13
adegas: Valdavia, Alanís, A Portela, Casal de Armán, Cunqueiro, Eduardo Peña,
Finca Viñoa, Pousadoiro, Ramón do Casar, Rodríguez Méndez, Terra do Castelo,
Viña Costeira e Viña Reboreda.
Ademais, a Denominación de Orixe Ribeiro está presente en
Barcelona cun calendario de accións que divulga a calidade dos seus viños a un
público profesional e prescriptor, ao mesmo tempo que amplía mercados cunha
misión comercial, composta por 13 adegas pertencentes á Denominación.