A Oficina de Acollida ao Peregrino da rúa do Vilar rexistrou entre o 1 de xaneiro e o 10 de
outubro un total de 216.000 peregrinos que recolleron a Compostela tras teren
percorrido algunha das Rutas Xacobeas. Isto supón que na segunda semana do mes
de outubro de 2014 xa se teña superada a cifra global de peregrinos chegados
durante todo o ano pasado, que alcanzou os 215.880 camiñantes.
Deste modo, a cifra global de peregrinos recibida en
comparación co mesmo período de 2013 alcanza unha suba do 9,69%, con máis de 19
mil peregrinos recibidos máis que entre o 1 de xaneiro e o 10 de outubro do ano
pasado.
As Rutas Xacobeas están a experimentar un auxe constante. A
oficina do peregrino entregou o sábado 9 de agosto 2.739 Compostelas, polo que
se converteu no día en que máis peregrinos finalizaron o Camiño nun ano non
santo.