A Feira Internacional
de Galicia celebrará do 20 ao 22 de marzo o salón Turexpo Galicia 2015, o cal
volverá a converter ao recinto nun punto de encontro para o sector do turismo. O Salón contará co apoio da
Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o IGAPE,
Esta será a súa quinta
convocatoria, tras as súas tres edicións en anos impares no recinto e a
celebrada do 4 ao 7 de outubro en Ferrol. Esta última constituíu a primeira das
súas edicións en anos pares e con carácter itinerante, as cales contan soamente
con bolsa de contratación pero no con área expositiva e se celebrarán en
distintas cidades de Galicia nas súas convocatorias.
Na súa cita de
2015 Turexpo Galicia conxugará, como en todas as edicións de anos impares, unha
atractiva área expositiva, un completo programa de actividades tanto técnicas
como lúdicas, e a súa Bolsa de Contratación Turística, a cal é xa un referente
no noroeste peninsular e conta, ademais de con reunións, con visitas guiadas
para touroperadores nacionais e internacionais que veñen a coñecer os tesouros
turísticos galegos para ofrecelos aos seus potenciais clientes en España e no
estranxeiro.