A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou na
capital de Brasil, Brasilia, a oferta gastronómica da comunidade galega no Centro de
Aperfeiçoamento em Gastronomia do Senac. Neste acto, organizado polo Instituto Cervantes, Nava Castro estivo
acompañada polo chef galego Pepe Solla, que realizou un showcooking para a audiencia, conformada por especialistas
brasileiros en gastronomía.
Ademais, na súa estadía en Brasilia, a directora de Turismo de Galicia
tivo a oportunidade de reunirse hoxe co secretario de Asuntos Internacionais do
Goberno do Distrito de Brasilia, Odilón Frazao, co que departiu sobre a oferta
turística de Galicia e os recursos turísticos que poden ser máis atractivos da
Comunidade galega para a poboación brasileira.