A directora de Turismo de Galicia, Nava
Castro, participou esta mañá na inauguración da xornada de presentación do
proxecto Atlanterra, que contou tamén coa presenza do director do Instituto
Xeolóxico e Mineiro de España, Jorge Civis, e o presidente da Cámara Oficial
Mineira de Galicia, Juan de Dios.
O proxecto Atlanterra, que
comezou en 2010 e finalizou o pasado decembro de 2013, é o primeiro estudio do potencial do
patrimonio mineiro de toda Galicia. O conxunto do traballo desenvolveuse en
rexións de cinco países do Atlántico europeo: Irlanda, Gales, Francia
occidental, Galicia e Portugal.
O patrimonio industrial constitúe unha
innovadora e atractiva oferta que outorga a posibilidade de coñecer diferentes
sectores produtivos arraigados a nosa comunidade. Neste senso, Nava Castro, explicou
que “co turismo industrial preténdese que tanto turistas como visitantes poidan
adentrarse no noso sistema produtivo e con iso explorar o pasado e o presente
da vida dos galegos e galegas”.