A Deputación de Pontevedra apoia á Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas con 70.000 euros

A Deputación de Pontevedra concedeu unha axuda de 70.000 euros á Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas para levar a cabo o plan de actuacións desta entidade. A Ruta é unha proposta turística que invita a descubrir o patrimonio do viño da DO Rías Baixas. Ofrece múltiples actividades e servicios turísticos. O seu obxectivo é ofrecer unha experiencia completa e de calidade aos visitantes e fomentar o desenvolvemento do territorio.

O ámbeto de influenza da asociación abarca 4 das 5 subzonas da DO: as comarcas do Salnés, O Rosal, Ribeira do Ulla e Condado do Tea. Non ofrecen un itinerario ríxido ou preestablecido senón que é o propio visitante quén o define dacordo ao seu gusto.

No Salnés, a ruta inclúe os concellos de Caldas, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. Na comarca de O Rosal, os concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño. No Condado do Tea abarca Salvaterra, As Neves e Arbo, e na Ribeira do Ulla inclúe o Concello coruñés de  Vedra.


A Asociación está integrada por 106  entidades públicas e privadas, ainda que hai varias solicitudes de adhesión en trámite e os visitantes da Ruta poden disfrutar de 55 entidades enolóxicas (bodegas, enotecas e destilerías); 23 empresas turísticas: hoteis e restaurantes; 1 axencia de viaxes; 1 guía especializado; 6 museos; e 19 entes públicos (entre eles, concellos, o propio Consello Regulador e a sede de Turismo Rias Baixas).